Destinatarios

Titulados en Ciencias (Física, Ciencias do Mar, Bioloxía, Xeoloxía, Matemáticas, Química, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Ambientais e Estatística), Titulados en Enxeñería e Arquitectura.
 
Consideraranse titulacións preferentes as licenciaturas (graduados) en Física e en Ciencias do Mar, así coma as titulacións estranxeiras en Meteoroloxía ou Oceanografía.
 
Para o caso de alumnos que cursaran grados no estranxeiro tamén son axeitadas as licenciaturas (ou equivalentes) en Meteoroloxía e en Oceanografía.
 
Probas de acceso especiais: para licenciados en Xeografía, Economía ou outras disciplinas socioeconómicas a Comisión Académica do Máster decidirá tras exame do seu CV e/ou entrevista persoal xulgar o seu nivel de comprensión dos procesos científicos.

  • Modalidade: Presencial
  • Idioma no que se imparte: Galego / Castelán
  • Ámbito de coñecemento: Ciencias Experimentais e Tecnolóxico