Plan Docente

A realización do Máster de Ciencias do Clima require que o alumno realice un total de 60 créditos ECTS distribuídos en dous semestres. 

O plan de estudos deste Máster estrutúrase nun conxunto de materias cun número de créditos  de cociente 1:25 (1 crédito equivale a 25 horas de clase máis traballo do alumno). As materias agrúpanse en 5 módulos, que poderían considerarse cada unha como unha unidade de coherencia didáctica: 

  • Módulo obrigatorio (I): engloba unha única materia sobre datos climáticos e a análise dos mesmos. Reforza e profunda coñecementos estatísticos e numéricos necesarios para afrontar o resto de contidos do máster, e permite aos alumnos o saber manexar e analizar datos climáticos. Non se trata en ningún caso dun modulo de nivelación, pois imparte contidos e supón a adquisición de competencias propias de posgrao.
  • Módulo optativo de contidos "básicos" (II): está constituído por un conxunto de materias de carácter optativo, referíndose co sobrenome de “básico” o feito de que nel se desenvolven os aspectos científicos do clima. Deben cursar un número mínimo de créditos dentro del para a obtención do máster.
  • Módulos de especialización (III): este máster non ten diferentes especialidades, logo non deben entenderse estes 2 módulos de especialización como conxuntos de materia para adquirir un distintivo “especial” dentro do propio máster, senón que este grupo de materias enténdense como agrupacións cunha significación conxunta, tanto desde o punto de vista académico como científico.

 Módulo sobre cambio climático e os seus impactos (IIIa): onde se presentan os cambios observados do clima, así como os proxectados baixo distintos escenarios de cambio climático e analízanse os impactos do cambio climático en diversos sectores socioeconómicos de interese, tanto no ámbito rexional como nacional, talles como os recursos hídricos, a agricultura, os recursos forestais ou a pesca.

 Módulo sobre aspectos climáticos rexionais (IIIb): aínda que o clima e o cambio climático son fenómenos globais existen particularidades rexionais moi distintivas que requiren coñecer con profundidade os fenómenos meteorolóxicos e oceánicos que afectan a cada rexión. Dada a vocación de cooperación internacional con Iberoamérica que ten o máster este módulo non só inclúe aspectos rexionais de interese para os nosos estudantes (o Mediterráneo como rexión a gran escala e Galicia para escala máis rexional) senón tamén os climas rexionais e a súa modelización de Centroamérica e Sudamérica.

 

  • Módulo de métodos de investigación avanzados (IV): este módulo está constituído por un conxunto de materias optativas que presentan cada unha delas diferentes técnicas moi especializadas, desde a recuperación, tratamento e análise de datos climáticos até métodos de reconstrución de datos paleoclimáticos ou métodos dinámicos moi sofisticados. O obxectivo destas materias é ofrecer ao alumno a aprendizaxe e adestramento nalgúns métodos avanzados que lle van a ser de axuda para o Traballo Fin de máster e posteriormente, se é o caso, na elaboración do seu traballo de doutoramento.
  • Traballo Fin de Máster. Liñas de Investigación (V): A liña de investigación elixida polo alumno para realizar o Traballo Fin de Máster será válida para a posterior elección do tema da tese doutoral para aqueles alumnos que continúen os estudos de doutoramento.

 

    Planificación Semestral

     

  • Primeiro semestre: deberanse cursar os 10 créditos do Módulo Obrigatorio e 20 créditos elixidos entre as materias do Módulo Básico Optativo.
    Con esta formación adminístrase ao alumno unha formación sobre os aspectos científicos do clima necesaria para poder abordar estudos máis específicos de cambio climático e os seus impactos ou de climas rexionais.
    As materias impartiranse ordenadas secuencialmente e non simultaneamente pola necesidade de ter formación básica previa ao estudo máis detallado do clima.

    1er Semestre = 10 ECTS Módulo I + 20 ECTS Módulo II

  • Segundo semestre: débense cursar un total de 18 créditos entre os Módulos de Especialización e de Métodos de Investigación Avanzados e 12 créditos do Traballo Fin de Máster.Neste momento o alumno deberá optar entre algún dos dous módulos de especialización debendo completar polo menos 9 créditos do módulo elixido. Os outros 9 créditos restantes poderán completarse coas restantes materias do módulo escollido, con materias do outro módulo de especialidade  ou  mediante materias do módulo de métodos de investigación avanzados. A ordenación temporal das materias xa non será totalmente secuencial, podendo haber simultaneidade na impartición das mesmas, en función do interese e alumnos matriculados en cada unha delas.

    2º Semestre = 18 ECTS Módulos III e IV + 12 ECTS Módulo V
     

Ver Estrutura Curricular Completa