Obxectivos

 
Obxectivos xerais do título

  • O obxectivo xeral deste Máster é a formación avanzada previa á actividade investigadora e a iniciación á investigación no ámbito dos aspectos científicos do clima e do cambio climático, así como nos impactos derivados do mesmo. Esta formación conseguirase mediante cursos presenciais con forte vocación práctico-investigadora e a realización dun Traballo Fin de Máster con investigación orixinal que pode constituír o xerme dunha futura tese doutoral.
     

Obxectivos específicos do título 

  • Proporcionar aos alumnos unha formación avanzada e metodolóxica en Ciencias do Clima, cambio climático e o seu impacto que lles permita a súa iniciación na investigación en temas afíns.
     
  • Ser un lugar de encontro de profesionais con vocación de aplicación da investigación e de estudantes interesados nas Ciencias Climáticas, o cambio climático e os seus impactos.
     
  • Ser un foro de discusión e aprendizaxe.
     
  • Servir como vía de cooperación científico-docente con outros científicos da Península Ibérica.
     
  • Servir como instrumento de cooperación científica internacional, fundamentalmente con Latinoamérica, ofrecendo por iso unha parte da súa carga docente deste Máster a estudos especializados sobre o clima nesa rexión.